Friday 03 de May de 2024

Neda financiará máis de 16.700 horas do Servizo de Axuda no Fogar cunha achega da Deputación


O Concello recibirá 229.598,96 euros con cargo ao Programa provincial de Financiamento dos Servizos Comunitarios

A Deputación provincial da Coruña colaborará cos Servizos Sociais Municipais cunha achega de 229.598,96 euros ao longo deste ano 2023. Estes fondos destinaranse principalmente ao Servizo de Axuda no Fogar, que recibirá máis de 200.000 euros. Na práctica, a partida permitirá ofrecer 16.716,58 horas de atención a persoas dependentes e de avanzada idade na modalidade de libre concorrencia.

Así mesmo, os outros 29.000 euros dirixiranse á sufragar os custes derivados de contratación de persoal. Máis en concreto, dun/ha administrativo/a C1 ou C2 (18.000 euros) e dun/ha técnico/a A2 (11.000 euros).

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba esta semana a resolución pola que se aproba provisionalmente a concesión do Programa de Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2023 da Deputación, e a partida reservada ao Concello de Neda é a maior das concedidas entre todos os municipios da provincia.